Pentalfa

Maio 26, 2012

6 € / 5 € (anticipada) / 3 € (soci@s)
Pentalfa é unha iniciativa que xorde da necesidade de realizar música espontánea sen grandes despregamentos técnicos e que pretende ser efectiva e efectista en calquera circunstancia e contexto. Galicia é o núcleo de partida destes cinco músicos pertencentes a diferentes agrupacións, bandas e propostas musicais (Luar Na Lubre , Citania, O Son da Terra…) que sobre a música tradicional e medieval elaboran un concepto rotundo, eficiente e sinxelo para chegar directamente ao espectador. Pentalfa son os cinco ángulos dunha estrela, que neste caso é a música, e os cinco músicos son as puntas que sobresaen. Maxia e música a través dos sentidos, o cosmos e a terra nai. Pentalfa son: Xan Cerqueiro (frautas), Diego Barral (guitarra), Xabier Ferreiro (caixón e udú), Patxi Bermúdez (tambor e bodhran), Bieito Romero (gaita galega, gaita midi e zanfona).

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
O último do trío Udra chámase "Paisaxe" e conta coa colaboración de Alejandro Vargas ao piano.👌youtu.be/udC6WfovzsYXa tedes o noso novo vídeo na nosa canle de youtube! Accedede na ligazón da nosa bio.Estamos agradecidas da colaboración do mestre @alejandrovargasrod así coma a man de @seimeiraproducions na gravación do vídeo e a de Fran Figueiral no tratamento da imaxe. O tema gravámolo en @garaxeland e está masterizado por @cacorefojo Desfrutemos da paisaxe!#udra #neosoul #desfrutemosdapaisaxe ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Bar Liceum, O Porriño.
3 / 5 / 6 €