PELdeNOZ é un dúo instrumental de Ames, integrado polo acordeonista Alonso Caxade e o contrabaixista Alberto Rodríguez. O dúo traballa nun estilo que eles mesmos dan en chamar ‘jazz&trad’ (tamén se titula así o seu disco), é dicir, divertirse avivando, reformulando e improvisando libremente sobre temas da tradición musical vocal de Galiza, recollidos en cancioneiros populares como o de Antón Santamarina e Dorothé Schubart, adubiados con trazos doutras estéticas musicais polas que tamén senten un grande respecto e admiración, como o jazz, o swing, o blues, o soul, a música contemporánea, o tango e ata rock&roll!
Featured