Peirao Rock: Cranio, Poison Dagger, Pölisong, Wisdom e Marthyrium.

Agosto 26, 2022

nota:

Máis de 10 anos pasaron dende o último Peirao Rock, un festival que promoveu o Concello de Mugardos como mostra de apoio a cultura e ás bandas mugardesas de rock e metal.

Nestes anos, novos e reseñabeis proxectos xestaron se en Mugardos mentres que as bandas máis veteranas seguían crecendo e evolucionando. Graváronse demos, maquetas e discos, gañáronse premios, fixéronse xiras por toda a península e os máis avezados saíron tamén a recorrer diversos países europeos.

Membros de varias bandas mugardesas comezaron a mobilizarse para tentar devolver a Mugardos o seu festival. Deste xeito, e coa axuda do Concello de Mugardos, renace o Peirao Rock Mugardos cunha nova imaxe e cun novo e completo cartel para edición do 2022.

As bandas participantes nesta nova edición serán: Cranio, Poison Dagger, Pölisong, Wisdom e Marthyrium.

Todas elas contan con, a lo menos, un membro de orixe mugardesa.

POISON DAGGER

Poison Dagger é a única banda galega de heavy metal tradicional. É unha das poucas bandas en España que conserva o estilo sen fundilo con outras vertentes do metal. Por iso foron seleccionados para formar parte do recopilatorio Spanish Steel Attack, un recopilatorio dirixido a oíntes especializados de todo o mundo onde aparecen bandas españolas e latinoamericanas.

Temas cheos de guitarras incendiarias, unha base rítmica contundente mais estribillos épicos, dos de puño en alto, fan que o público goce dun espectáculo con alta carga enerxética. Dende o seu nacemento en 2011 percorreron as mellores salas galegas, festivais e foron escollidos para abrir para os londinenses The Quireboys nas súas dúas últimas xiras por España.Unha aposta segura para calquera programador ávido dos sons máis clásicos do amplo espectro roqueiro.

MARTHYRIUM

Durante estes 16 anos Marthyrium levou a súa música en directo ás principais cidades do territorio galego, español e portugués, participando en diversos concertos e festivais como o Catalonian Extreme Winter en Barcelona, o Necesse Mori en Girona, o Extreme Metal Attack en Lisboa, o Invicta Requiem Mass en Porto, o SWR Barroselas Metal Fest (Barroselas – Portugal) ou o Devotees OvBlack Light en Granada.
Ademáis, a banda realizou varias xiras por territorio europeo. En concreto, Darkness over The Netherlands con varias datas, incluíndo o Grunn’t Festival en Groningen e Abominations Over Italy con datas nas áreas italianas de Como e Verona.

CRANIO

Cranio é unha banda de Heavy Metal formada no ano 2015 na parroquia de Santa Mariña de Ferrol e con varios membros de Mugardos e Ares. Na súa música
podemos atopar matices do Heavy Metal Nacional, lembrando a bandas dos anos 80 e 90. Nas súas composicións destacan a súa forza apaixonada e un sentido do humor moi característico en todo o seu repertorio. As súas letras destacan por enviar unha mensaxe de liberdade e ofrecer unha forma de vivir diferente.

WISDOM

Banda formada a principios dos noventa en Mugardos, considerada como unha das pioneiras do metal extremo en Galicia e en España e sendo a banda en activo máis veterana da escena extrema galega con máis de 26 anos de traxectoria.

Sen dúbida é no escenario onde Wisdom desenrola todo o seu potencial gracias á bagaxe musical acumulado tras anos de traxectoria e centos de concertos. Algúns dos festivais de referencia dos que formaron parte son Kontrashte 2013 (abrindo a
noite para a mítica banda alemá Sodom), Live Madness Metal Fest (Ourense),
Galicia Metalhead Festival (Compostela), 981 United (A Coruña) ou Die Hard Fest
(Vigo) entre outros.

Redes:

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
En galego, con independencia e citando fontes e referencias. Estas serían as premisas que sigo desde que me puxen ao outro lado dun micro. Non falo (ben) dalgo porque me paguen ou acrediten nin publico para monetizar. Non vivo disto. Dígoo pq xa mo preguntaron.Fdo: O director orelludo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook