Pedro Pastor

Outubro 29, 2015

nota:

Pedro Pastor xa independizado dos seus pais e despois dunha extensa xira por América presentando ‘La vida plena’. Pedro Pastor Guerra non naceu entre algodóns pero si entre notas musicais. Vénlle de familia, por iso non renuncia á palabra cantautor, aínda que a el chamáronlle cantautor rapero. O novo trobador madrileño pode pasearse comodamente entre a canción protesta, o amor, a rumba e o hip-hop.

A súa carreira musical xa está consolidada con 20 anos e vén de facer unha xira por América, desde Estados Unidos até Chile.

As súas cancións están escritas con descarada sinceridade en primeira persoa, de maneira que no seu conxunto ben poderían definirse como o diario íntimo dun cantautor postadolescente.

AXENDA