Pedro Lamas, Jacobo de Miguel & Xosé Lois Romero presentan “Azougue”

Xaneiro 23, 2015

nota:

O azougue é o nome antigo que se lle daba ao Mercurio. O azougue confire ao vidro a facultade de reflectir a realidade que recibe, pois o espello non é senon un vidro azougado. Do mesmo xeito Lamas e De Miguel, coa colaboración de Romero, reciben a realidade da música tradicional, pero a reflicten cun espello libre que non se ciñe á literalidade do obxecto reflectido. O espello imaxinario co que traballan xenera novas pezas nas que a compoñente tradicional tan só é unha parte da súa nova realidade, un mundo musical no que a World Music conflúe coa música clásica e o Jazz, un mundo no que a tradición ocupa sempre un lugar privilexiado.

Pedro Lamas: saxo soprano e barítono, gaita, dulzaina, melódica, flauta e percusión.
Xosé Lois Romero: percusións tradicionais.
Jacobo de Miguel: piano.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Todo o noso apoio ás traballadoras da Crtvg Galicia Crtvg Galicia que están hoxe venres e mañá sábado en folga.Queren traballar, sen manipulación, sen represión, con pluralidade e para todas nós.Xa abonda de que non poidan amosar a súa verdadeira valía desde os medios públicos.Sempre, #DefendeAGalega.Defende A Galega Defende A Galega Defende A Galega.2️⃣5️⃣3️⃣ Venres Negros nos medios públicos galegos: contra a manipulación e a represión🤬🤬.📣E este coincide cunha nova xornada de folga, que se repetirá mañá✊🏿✊🏿#NonMáisAbusos #TodasAUnha#DefendeAGalega#VenresNegro253CRTVG ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Pub Clavicembalo, Lugo.