Pedro Iturralde Quartet “Etnofonías”

Decembro 22, 2012

Para peregrinar a Compostela, Pedro Iturralde ensínanos un novo camiño espiritual a partir do seu “Suite Helénica” (unha obra mestra xa consolidada). O nobre patricio do jazz traza un itinerario musical cara a Santiago. Polo traxecto imaxinario, Iturralde recréase destilando os seus “Etnofonías” mentres vai acariciando melodías de depurado arraigo.Todo iso para aproximarse a Galicia coa deliciosa “Balada Galaica”, composta polo mesmo Pedro Iturralde a partir dun motivo popular galego.

20:30 h.
Teatro Jofre, Ferrol.
12 / 15 €