Pedrito Diablo & Los Cadáveras

Novembro 23, 2012

5 € / 4 € (anticipada) / 2,5 € (soci@s)
Na fronteiriza cidade de El Hoyo comézanse a albiscar brotes verdes… e esta vez vai en serio. Pedrito Diablo & Los Cadáveras teñen dado coa clave, non hai dúbida. Albariño, spaghetti e rock and roll parecen ser os ingredientes indispensables para levar a bo termo calquera empresa, por desatinada que esta pareza. Mañás enteiras disfrutando de Sergio Leone, tardes enteiras de rock, largas noites de roll e, albariño e spaghetti a diario, serviron, aínda que moitos o dudaban, para dar vida ao seu disco debut. Un disco influenciado tanto por bandas relevantes como The Ventures, The Shadows, Link Wray ou Phantom Surfers como por algúns dos grandes compositores de bandas sonoras de Spaghetti Western (Morricone, Bruno Nicolai, Alessandro Alessandroni…). Aínda que as orixes están moi claras, a banda foi quen de compoñer nove temas con personalidade propia, que sen fuxir dos standards do xénero, enriquécense con tex mex, rock e un aire serie B que os fai totalmente irresistibles. ¡Nunca en El Hoyo se escoitara nada igual! Pedrito Diablo & Los Cadáveras nace no 2010 cando a compañía de teatro viguesa Troula Animación, propón a Los Cadáveras (Manuel Santos e Israel “Indy” Ruiz, membros de bandas como Thee Tumbitas, Los Villanos de Boraville, The Passadenas…) facerse cargo de toda a parte musical dun dos seus pasarrúas “Calaveras y Diablitos”. Durante o 2010 a banda leva a cabo un sinfín destas actuacións cun notable éxito de crítica e público, o que lles fai asumir a posibilidade de forma-lo grupo dun xeito independente ao espectáculo de rúa. Axiña se lles une Santiago Paredes á segunda guitarra e percusión e dan forma ao seu primeiro álbum El Cuerno del Chivo editado polo selo grego Green Cookie Records. ¡¡¡Longa vida ás pistolas, ao surf e a Pedrito Diablo & Los Cadáveras!!!!

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
2,5 / 4 / 5 €