Paul Jackson Trio featuring Rick Margitza

Novembro 15, 2014

nota:

Paul Jackson Trio featuring Rick Margitza

Coñecido como o “músico dos músicos”, Paul Jackson naceu en Oakland (California) no 1947 e comezou a toca-lo contrabaixo con só nove anos. Con 25 xa traballara como profesor de baixo eléctrico en institucións tan prestixiosas como o Berklee College of Music de Boston, a A. N. Contemporary of Music de Tokío ou a University of California, en Santa Cruz.

No 1973, o pianista Herbie Hancock recrutou a Jackson para o seu novo grupo eléctrico, The Headhunters. O primeiro disco da banda, titulado simplemente Headhunters, contiña un dos temas máis populares do jazz funk de tódolos tempos, “Chamaleon“, que acadou un tremendo éxito de crítica e público. Esta foi a primeira dunha serie de gravacións que a banda realizou durante a década dos 70, que hoxe permanecen como referentes imprescindibles do movemento. Jackson continuaría desde aquela traballando para Hancock, fóra do ámbito do grupo, o que lle proporcionaría varios nomeamentos aos premios Grammy.

O currículo de Paul Jackson é impresionante e levouno a traballar con numerosos artistas de primeira liña, entre os que cabe destacar a Herbie Hancock, George Benson, Freddie Hubbard, Oscar Peterson, Sonny Rollins, Miles Davis, Billy Cobham, Carlos Santana, John McLaughlin, Al DiMeola, George Duke, Al Jarreau, Wayne Shorter, Chick Corea, Stevie Wonder, John Scofield, Airto Moreira, Jaco Pastorius, The Pointer Sisters, Tower Of Power, Jimmy Smith, Stanley Clarke e Stanley Turrentine.

Nesta ocasión, co seu trío habitual, é dicir, acompañado por Xantoné Blacq (pianista de Amy Winehouse e Mark Ronson) e Tony Match (batería de Fred Wesley, entre outros), preséntano-la súa última gravación, Groove Or Die, que leva só uns días na rúa. Contarán coa presenza dun invitado moi especial, Rick Margitza, un saxofonista incisivo e poético que, bebendo de xenios como Coltrane, Brecker e Shorter, saltou á fama por se-lo saxo das últimas bandas de Miles Davis e converteuse nun dos músicos máis respectados no panorama do jazz internacional.

Paul Jackson: baixo e voz
Xantoné Blacq: teclados
Tony Match: batería.
Rick Margitza: saxo.

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
Grazas á presión das compañeiras de GZmúsica , ás novas influencers e chiadoras da música en galego, aí estaremos, no sábado desta cita tan mediática. Agora que xa facemos 20 anos e nos reivindican, fecharemos cun "Choio virado. Até aquí chegamos"O Son do Camiño anuncia novo cartaz!!!!!. As críticas recibidas pola escasa presenza de grupos galegos, fixeron recapacitar á organización ... See MoreSee Less
Ver en Facebook