Patricia Kraus

Novembro 26, 2015

Ciclo ‪#‎XovesdeMúsica‬
nota:

Patricia Kraus presenta o seu último traballo cun repertorio no que inclúe ademais temas da súa triloxía dedicada á música de raíz. A voz de Patricia Kraus adáptase á perfección a esta selección de cancións, ofrecendo nos seus temas a particularidade de instrumentacións e ritmos radicalmente diferentes ás acostumadas, incentivando a versatilidade da voz privilexiada dunha artista xenuína e inclasificable. Patricia Kraus ofrécenos neste concerto tamén varios temas como compositora, querendo así reflectir o paso do tempo e a evolución do intenso traballo levado a cabo nestes anos de directos coa súa banda. Uns anos nos que conseguiu un son, unha identidade e unha voz propias dentro do mundo do Jazz e do R&B. Grazas a esta continua evolución no seu traballo, Patricia Kraus é hoxe en día sinónimo de calidade e brillantez artística, voz que acada os seus rexistros máis agudos de xeito totalmente natural.

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook