nota:
Pasión Vega, un directo único
O 1 de febreiro será a quenda no Sons de Ferrol de Pasión Vega (Madrid, 1976). Malagueña desde os tres anos de idade, Ana María Alías Vega presenta no Teatro Jofre un concerto no que repasará algúns dos éxitos da súa intensa traxectoria, ademais do seu último traballo “Sin compasión”. Chega despois de percorrer os escenarios máis importantes do panorama español, como o Teatro Real de Madrid, onde se convertiu na única artista á que lle permitiron interpretar alí un repertorio popular.
En “Sin compasión”, Pasión Vega presenta 13 novas cancións que reflicten o seu amplo mundo musical, a súa excepcional voz e a súa capacidade interpretativa. Un álbum capaz de unir as raíces malagueñas da artista co contemporáneo e internacional, desde lationamérica ata Oriente. Con composicións de Manuel Carrasco, Pedro Guerra ou Jesús Bienvenido, o resultado desde traballo é emocionante, sutil e elegante.
Este álbum dálle un pulo a unha carreira que se consolida co recoñecemento de crítica e de público e que comezou en 1993, cando a artista foi descuberta despois de gañar varios concursos de radio e televisión. Antes de meterse no estudo de grabación colleita éxitos nos escenarios do Teatro Lope de Vega de Sevilla e o Teatro Cervantes de Málaga.
En 2001 lanza o seu primeiro álbum homónimo, con Sony BMG, co que acada o seu primeiro disco de ouro. Despois consigue o disco de pratino con “Banderas de nadie” (2003) e de novo disco de ouro con “Flaca de Amor” (2005). Publica un CD+DVD en directo “Pasión en el Maestranza” (2005), gravado durante o vibrante concerto que Pasión Vega ofreceu en Sevilla.
O seu cuarto álbum “La reina del pay-pay” (2006) válelle tamén o seu cuarto disco de ouro. Un ano despois edita “Pura Pasión”, un recomplilatorio pensado para abrir camiño en Arxentina. “Gracias a la vida” (2009) ofrece unha Pasión Vega diferente, con cancións orixinais que aportan unha nova lectura da artista. Xa metida no mercado latinoamericano, a cantante grava “Pasión en Buenos Aires” un DVD+CD en directo no Teatro El Nacional, da capital arxentina.