Papaya

Marzo 31, 2018

nota:

Papaya trae “Corazón abierto” ao MAC da Coruña
O sábado 31 de marzo ás 21h dentro da programación do ciclo Vello, raro, novo

Engáncháronnos coas “Cosas fascinantes y sencillas”, o seu primeiro disco, e agora reafirmámonos con “Corazón abierto”. O segundo disco de Papaya, a banda canaria liderada por Yanara Espinoza, bota a rodar en directo con parada no MAC da Coruña o vindeiro sábado 31. Unha velada para gozar da interpretación dos sentires humanos que fai Espinoza nas súas letras e ritmos. Será dentro do ciclo “Vello, raro, novo”, que comisaria Sinsalaudio no Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa na Coruña (Avda. de Arteixo, 171) e que continuará en abril e maio con Circuit des Yeux (27/04) e Lisa LeBlanc (24/05).

O segundo traballo de Papaya, “Corazón abierto” (2017) confirma o proxecto musical liderado por Yanara Espinoza que foi aplaudido polo público e a crítica tras o seu primeiro álbum, “No me quiero enamorar” –Premios El Ojo Crítico de RNE e Premio Pop Eye ao grupo revelación 2016-. “Corazón Abierto” é un disco de moitas caras. Unha propuesta versátil que viaxa do pop á cumbia, do son cubano ao country, do folkore canario ao dance. Todo iso sen perder nin unha pinga de credibilidade e advertindo a súa inconfundible identidade en cada canción. Un combinado exótico e clásico á vez, axitado con todo tipo de ritmos e arranxos, dando lugar a un sabor insólito e inimitable

Entrada: 8 euros. En Entradas Abanca, Portobello Discos e no propio museo.

AXENDA

21:00 h.
Museo de Arte Contemporánea, A Coruña.
8 €