nota:
Pandeiromus é un grupo de música tradicional nacido en Santiago no ano 1992. Composto nas súas diferentes etapas por un grupo de 3 a 7 membros, adicados á investigación e interpretación de música galega de tradición oral, tentando recoller o repertorio masculino existente.
Coa experiencia de case 20 anos participando en foliadas, seráns, festas e festivais, Pandeiromus propón neste novo espectáculo un repertorio exclusivo para baile tradicional galego chamado “Pica na Pedra”. Muñeiras, jotas, maneos, valses, pasodobles, mazurcas, interpretados con pandeiretas, cunchas, latas, sachos, tambores, bombos, gaitas, ou acordeón … Estes son os ritmos que se propoñen neste espectáculo que ten por obxecto que os pés do espectador piquen na pedra do chan.