Pakolas “Ramona Órbita”

Outubro 14, 2020

Esta nova entrega da colección Sonárbore da editorial Galaxia ten moita conexión coa nosa banda de rock máis veterana: Zënzar. Pakolas é un dos seus guitarristas e a ilustradora Laura Romero a súa baixista. O disco soa roqueiro e ademais unha das súas cancións comparte título co último e salientábel traballo da banda nada en Meirama: “Benvidas ao futuro”. E se buscamos máis coincidencias, podemos falar da concienciación e a reflexión sobre uns valores que deberiamos procurar de queremos mellorar esta sociedade: a reciclaxe, o feminino, a defensa da natureza, a cultura, a imaxinación …. Evidentemente, aquí son tratados dun xeito mellor acaído e atractivo para persoas non adultas.

Paco e Laura xa traballaran xuntos hai uns anos no homónimo “Pakolas” e tiñan que repetir colaboración para estar como mínimo á altura desa entrega que, por certo, non era a estrea de Paco na música para a rapazada. Antes militara en Mamá Cabra e fundara A Gramola Gominola, polo que toda esta experiencia é chave para entendermos o bo acabado deste libro-CD “Ramona Órbita. A dona do tempo”, onde exerce de compositor, produtor e multiinstrumentista; agás nun tema onde deixa o baixo nas mans da propia Laura: “A máquina de Ramona”. Co fío da historia de Ramona Órbita presenta dez cancións de corte didáctico a ritmo case sempre de rock and roll.

Como isto é para pequechas, hai que dicilo claro: as ilustracións molan, así como o conto da protagonista e as cancións. Ao tempo que nos divertimos, viaxamos no tempo, cantamos todo o positivo e complementario que son o coñecemento das ciencias e das artes, da investigación, do respecto á natureza, a reciclaxe … e facémolo na compaña da propia Ramona (“boa nas ciencias, xafe na horta”), “Manolo cavernario” (“Uh, uh, uh,! Currasco de mamut”), do exipcio Ramsés (a quen lle cheiran os pés, “coma toda a xente”), dos contos chinos … Abonda o rock máis básico, pero tamén hai achegamentos ao pop, aos ritmos do leste, ao medieval (“Cabaleiros bibliotecarios”) … E se hai unha canción “menos marchosa” resulta que é a preciosa “Nai devesa” (“a nai do apalpador).

Pepe Cunha, 14-outubro-2020

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook