nota:
“Paisaxes Sonoras”, un ciclo que conxuga cultura, identidade e patrimonio no Barbanza-Arousa
O concerto terá lugar na antigua Fábrica de Salazón de Punta Castiñeiras, emblema paisaxística de Ribeira.
As entradas xa están á venda en eventbrite. O custo das entradas dobres é de 6 euros máis gastos e das invididuais 3 euros máis gastos.
O ciclo está promovido pola Mancomunidade Barbanza-Arousa coa colaboración da Xunta de Galicia e os concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro.
As actividades celebraranse cun estrito protocolo de seguridade sanitaria poscovid-19.
Catro citas durante o mes de agosto, onde diferentes enclaves do Barbanza-Arousa serán os protagonistas absolutos.
O ciclo
As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. “Paisaxes Sonoras” nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal. Así mesmo, as actividades terán lugar a plena luz do día para contribuir ó fortalecemento do imaxinario co legado patrimonial.
O aforo
Para cada concerto habilitarase un aforo máximo de 50 persoas, constituido por 23 entradas dobres, reservadas para unidades familiares ou de convivencia, e 4 entradas individuais. A exclusividade do aforo basease tanto nas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa poscovid-19 como no respeto á integridade das localizacións escollidas. Trátase de vivir unha experiencia única que conxugue o desfrute do entorno e da proposta artística.
Ribeira: A antiga fábrica de Salazón de Castiñeiras
O concerto terá lugar na antiga fábrica de salazón, datada a principios do século XIX e enmarcada dentro da área de esparcemento de Punta do Castro.
Enclavada en zona de dominio público marítimo-terrestre, preside a praia do Castro e ofrece unhas vistas privilexiadas á entrada da ría e a illa de Sálvora.
A artista: Guadi Galego
Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. Tras tres discos en solitario “Benzón”, “Lúas de outubro e agosto” e “O mundo está parado”, chega “Immersión”, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da que adiantou unha versión de “Cedeira” na que colabora Iván Ferreiro.
Actualmente está inmerxa na xira de presentación do seu último traballo, aclamado unánimemente por crítica e público. Nesta ocasión, Guadi ofrecerá un concerto especial a dúo, adaptado a nova realidade e ao aforo vixente.