Paddy Steer

Novembro 02, 2016

nota.

Paddy Steer, un novo heroe da música que visita por vez primeira a península. Si, o británico estará no #SinsalOutono 2016. Será o día 2 de novembro no MARCO. As entradas? 5 euros e podedes mercalas xa en Honky Tonk Discos Discos Elepe Versus Librería

Un personaxe camaleónico e pioneiro. Así é Paddy Steer, músico visionario de Manchester que prefire operar nas periferias. Fundador no seu momento do selo Ninja Tune, Steer cultiva os sons de maneira que o conxunto da súa obra abala entre o hipnótico e o irresistible. Podemos atopar ecos do jazz etíope ou de Sun Ra; entre os seus artistas inspiradores –aínda que como el mesmo di depende da semana- poden estar Hermeto Pascoal, Nina Simone ou Tony Allen. Paddy Steer constrúe as súas ferramentas de traballo: inventa instrumentos e deseña a súa propia indumentaria. A relación de instrumentos que pasan polas mans do músico –deixando fóra a súa voz- é longa: percusión, piano, xilófono, baixo, synth, guitarra, contrabaixo, banjo… Desde logo, o que fai Paddy Steer afástase bastante do concepto de “reprodución musical inmaculada”.

“O son de Paddy Steer é como un reloxio de cuco feito en Suiza con cartóns de ovos e crin de cabalo, todo unido por un sintetizador moog africano nunha ferretería vietnamita” (Graham Massey, 808 State)

AXENDA