Paco Díez (música trad ibérica)

Marzo 30, 2018

nota:

O venres 30 de abril a Casa das Crechas ofrece un concerto de Paco Díez, un dos máximos referentes da música tradicional ibérica e sefardí. Apaixonado polos instrumentos tradicionais, conta coa única Aula-Museo de iniciativa privada sobre temática ibérica que alberga máis de 450 pezas de España, Portugal, Occitanía (terzo sur de Francia) e Magreb, así como unha importante colección de Gaitas do Mundo (www.aulamuseopacodiez.net).

Así mesmo é un dos maiores expoñentes a nivel estatal e internacional no Romancero Ibérico e na Música Sefardí, condecorado en 2007 pola Autoridade Nacional do Ladino polo seu continuado esforzo na difusión da súa Cultura. Tras preto de 40 anos nestes mesteres gravou 17 discos e realizou máis de dous mil cincocentos concertos tanto en solitario como coas súas diferentes propostas (A Bazanca, Tradibérica, Tres Culturas Tres, Esencias de Sefarad, etc.),

Nacido en Piñel de Abajo (Valladolid-España) no seo dunha familia de labradores casteláns, licenciado en Filoloxía Francesa, cantante e músico autodidacta, comeza a súa andaina alá por 1978 orientando a maior parte da súa traxectoria á divulgación da Cultura Musical Ibérica, coa súa personalísima voz, secundada por guitarras, mandola, zanfona, salterio, rabel, gaita e percusións, ademais de contar cunha sólida bagaxe etnográfica apoiado por un rigoroso traballo de recompilación do Saber Tradicional por diversas zonas da Península Ibérica, a Sefarad Bíblica.

Apaixonado dos Instrumentos Tradicionais, conta coa única Aula-Museo de iniciativa privada sobre temática ibérica que alberga máis de 450 pezas de España, Portugal, Occitanía (terzo sur de Francia) e Magreb, así como unha importante colección de Gaitas do Mundo (www.aulamuseopacodiez.net).

Así mesmo é un dos maiores expoñentes a nivel nacional e internacional no Romancero Ibérico e na Música Sefardí, condecorado en 2007 pola Autoridade Nacional do Ladino polo seu continuado esforzo na difusión da súa Cultura, Paco Díez foi o músico elixido para actuar no Palacio Real de Madrid ante o Rei Felipe V, Goberno de España e Comunidades Sefardíes de todo o Mundo, durante o Acto Histórico que sancionaba a dobre nacionalidade para os sefardíes, 523 anos despois da súa expulsión en 1492; por todo o anterior, tamén foi candidato ao Premio Princesa de Asturias das Artes 2016.

Durante o primeiro trimestre de 2017 estivo a ensinar Organología Tradicional Ibérica na School of Music da University of Washington (Seattle-USA). A finais de 2017 foi distinguido en Paris por Líguea Universelle du Ben Publique con Medaille d’Argent et Palme polo seu labor na difusión da Música Tradicional Ibérica e Sefardí.

Logo de preto de 40 anos nestes mesteres gravou 17 discos e realizou máis de dous mil cincocentos concertos tanto en solitario como coas súas diferentes propostas (A Bazanca, Tradibérica, Tres Culturas Tres, Esencias de Sefarad, etc.), así como con outras formacións de Francia e de Portugal e, dado que a súa enumeración sería longa e innecesaria, destacaremos as súas numerosas xiras por Francia (moitas), Alemaña (3), Italia (5), Grecia (2), Suecia (2), Portugal (moitas), Eslovenia (2), Bulgaria (3), Polonia, Israel (6), Perú, Chile (3), Arxentina (5), Bolivia (2), Paraguai (2), Uruguai (2), Venezuela, Bosnia (2), Cuba (2), Brasil (4), Marrocos (2), Méjico, China e Estados Unidos (6) converténdose en recoñecido embaixador da Lingua e Cultura de España.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas,Santiago de Compostela.
5 €