Paco Charlín “Flood”

Xullo 20, 2013

O contrabaixista galego Paco Charlín na liña marcada na súa innumerable colección de traballos discográficos, preséntanos unha banda mixta galego-portuguesa e norteamericana. O guitarrista Virxilio da Silva é quizabes unha das figuras máis relevantes do jazz galego nestes intres; o vibrafonista portugués Jeffery Davis está chamado a ser un dos referentes mundiais neste instrumento no futuro máis próximo. O trompetista Darren Barrett e o saxofonista Myron Walden son dous dos referentes da súa xeración nos Estados Unidos e o batería novo Mark Whitfield Jr. é unha das figuras máis recentes saídas da Berklee College of Music (Boston).

Paco Charlín nace en Vilanova de Arousa o 19 de decembro do 1975. A súa formación musical comeza aos 8 anos de idade con diferentes mestre/as de solfexo e baixo eléctrico, pasando máis tarde a formarse en diversas escolas de música como Estudio Escola de Música (Santiago de Compostela) ou Escola Obradoiro (Pontevedra). En 1995 e 1996 é bolseiro pola Estudio Escola de Música para participar nos Sixth e Seventh IASJ Jazz Meeting realizados en Tel-Aviv (Israel) e Copenhague (Dinamarca), dirixidos pola International Association of Scholls of Jazz (IASJ). No ano 1996 obtén dúas bolsas da máis prestixiosa universidade de Jazz e música moderna do mundo, a Berklee College of Music, polo que se traslada a Boston, Massachussets (USA), para perfeccionar os seus estudos musicais, onde ademais compaxina na mesma cidade materias electivas no Roxbury Community College. Destaca mencionar a súa dobre licenciatura en Bass Performance & Jazz Composition, (Bachelor of Music, degree) con mención honorífica (Magna Cum Laude), e o premio The Charles Mingus Award of Outstanding Musicianship no ano 2000, concedido pola universidade ao músico máis destacado de cada promoción.

Moitos dos músicos cos que ten gravado e acompañado nestes últimos anos son Mark Turner, Sheila Jordan, Orrin Evans, Chris Cheek, Ambrose Akinmusire, Miguel Zenon, Lage Lund, Paquito D’Rivera, Jaleel Shaw, Marcus Strickland, Jonathan Kreisberg, Walter Smith III, Aaron Goldberg, John Riley, Mike Moreno, Frank Lacy, etc… Actualmente, compaxina a docencia no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, ademais de actuar en diferentes festivais tanto a nivel estatal como internacional en Grecia, Cuba, Uruguai, Dinamarca, Israel, Estados Unidos, Arxentina, Tánxer, Helsinki, na illa de Madeira, etc…

Paco Charlín, “un dos máis firmes valores da nova xeración de músicos de Jazz do noso país, tanto pola súa firmeza como acompañante, como pola súa expresividade de ideas como solista, sen esquecer as súas virtudes técnicas de instrumentista de probada eficacia”…

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook