Pablo Seoane Trío

Decembro 11, 2014

nota:

TRIPO (Pablo Seoane Trío, jazz)

A Casa das Crechas acolle o concerto de Pablo Seoane Trío (TRIPO), que presentará “Inópia”, o seu terceiro disco, formación que lidera dende 2002. Un feixe de composicións orixinais articuladas dun modo case vexetal, como variacións duns poucos e breves temas, fíos que circulan, aparecen e desaparecen ao longo do traballo enteiro e que funcionan, en fin, como detonante dun exercicio de aberta improvisación colectiva.

Pablo Seoane nace en Ferrol en 1968, estuda música e filoloxía inglesa en Coruña, Salamanca e USA (Wake Forest, NC). Desde hai máis de quince anos desenvolve unha intensa actividade como pianista e compositor en distintas formacións xeralmente vencelladas ao jazz e a improvisación libre (dentro e fóra da Península ibérica). Ten composto música para teatro e levado a cabo tarefas docentes en diversas institucións (recentemente, no Conservatorio de Ferrol). Entre as súas últimas actividades figuran a xestión das jams-sessions semanais de improvisación libre no Café El Puente (en Compostela, xunto a LAR Legido) e a dirección, en colaboración con Javier Turnes, duns multidisciplinares “Encontros de Filosofía e Música. Pensar a voces” que se celebraron en Cee no outono del 2012. Cabe destacar tamén, no último ano 2013, a publicación dos discos “La Bambola Malata” (mestura de ópera de peto e improvisación libre, xunto a LAR Legido e a artista plástica Lúa Gándara) e “Abisal” (piano e cuncos tibetanos, con Gabriela Acosta).

L.A.R. Legido, percusionista, investigador sonoro e profesor de batería. Nado en Valladolid en 1975. Recibe a súa formación en Madrid no Taller de Músicos e no CEDI, e, en Boston no Berkelee College of Music. Traballou durante tres anos coa orquestra de Improvisación libre FOCO. Colaborou con escultores coma Oscar de Paz ou Jorge de León, compañías teatrais coma “La Danaus”, proxectos de danza como a compañía “La Inesperada”. Entre os seus múltiples proxectos está o seu traballos con ADN, S.E.M. Big Band, Abe Rábade Trío, Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón, o trío Sumrrá e o proxecto Aquófono Galicia.

José Manuel Díaz, contrabaixo, nace en Matanzas (Cuba). Estudou contrabaixo na Escola Nacional de Música de Habana e no Instituto Superior de Artes. Pariticipou en diferentes proxectos dende a música clásica ata o Jazz (Enrique Pla, Sexto Sentido, Alejandro Vargar Cuarteto). Xa en Galicia participou no proxecto galego-cubano ‘Descarga ao Vivo’. Ten tocado co grupo Marful e forma parte do grupo da cantora Guadi Galego.

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €