Pablo sax Trío

Marzo 15, 2018

nota:

XOVES 15 21:00 7€
PABLO SAX TRÍO
Artellando un relato intimista con vocación de acadar sentimentos e agradecementos que levaban tempo agardando a ser amosados ao ouvinte máis esixente, fuxindo das formas canónicas predominantes, sen perder a esencia deste tipo de música, onde a improvisación é fundamental, e achegando unha visión diferente ao panorama musical galego, dende unha perspectiva periférica e libre.
Unha paisaxe sonora, froito do labor compositivo do líder e artífice desta obra, que está acompañado por: Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo, oud, arranxos), Sergio González (batería), e como músico convidado en cinco pezas, David Lojo (trompeta/fliscorno).

AXENDA

Facebook

16 hours ago

Ábrete de orellas
A actualizar a axenda de concertos con citas como estas.De contactardes abretedeorellas@gmail.com facilitariades o labor. 😁 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas,Santiago de Compostela.
7 €