nota:
O ciclo de concertos ClubE Estrella Galicia levará a súa programación deste trimestre a Lugo a noite de Samaín. Fiel ao seu espírito, o circuíto ofrecerá na sala Clavicémbalo o directo dunha banda principal e outra menos coñecida.
O 31 de outubro, a sala Clavicémbalo (Rúa Paxariños, 23) contará co directo de Pablo Sanmamed Trio e The Old Proyect. Será ás 23:30 horas e o prezo da entrada é de 8 euros.
A proposta desta noite son dúas bandas de jazz. Pablo Sanmamed ao contrabaixo estará acompañado por dous grandes músicos galegos tamén: Igao Mouriño ao teclado e Bruno Couceiro á batería. Abrirán o concerto The Old Project cuarteto de jazz formado por contrabaixo, saxo, guitarra e batería con músicos procedentes dunha banda con longa traxectoria na música galega como foi Cats and Monkeys.
Ao longo dos próximos meses, ClubE Estrella Galicia programará ata 60 directos en salas das catro provincias galegas. Cada unha das citas do ciclo contará cunha banda principal e outra emerxente, que actuará fóra da súa bisbarra, coa intención de darlle a oportunidade de chegar a novos públicos.