Pablo Milanés

Marzo 15, 2013

nota:
O músico cubano regresará o próximo mes de marzo aos escenarios españois como xa é costume establecido nas súas xiras internacionais, despois da súa última aparición en outubro do pasado ano, pechando a súa última xira do seu disco Regalo. Como novidade, Pablo traerá algunhas das composicións que na actualidade traballa para conformar un disco que verá a luz en 2013. Sometido unicamente ás esixencias do seu ánimo, o cantautor segue facendo cancións que plasman as súas temáticas máis clásicas pero son tamén agora, as incógnitas do devir actual da humanidade, as que o levan reflexión máis profunda que se verá plasmada nos seus textos, quizais por iso un deles o titulase xa como “Apocalipsis”. Pablo Milanés segue sendo un músico apegado ás súas raíces, tendo a Cuba como o pano de fondo de todas as súas accións, aferrado a unha guitarra que é a clave da súa composición pero dende a que se proxecta para alcanzar sonoridades moi diversas. Así, nos concertos que ofrecerá, poderanse escoitar tanto arranxos propios do filin dos seus inicios como as incursións no jazz do que tanto gusta nos últimos anos (disco “Regalo” 2009), pasando polos arranxos da música popular cubana ou de primoroso aire renacentista; e que facendo alusión ás primeiras palabras que pronuncia en cada presentación, serán postos “á consideración de vostedes”, o seu público.

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
este sábado en Pontevedra⏱️ tictac, tictac...Volta o Galegote! A duodécima edición está a piques de ter lugar e a música en galego volta ós bares da cidade. Unha nova edición, esta vez máis internacional, que incorpora bandas portuguesas ó cartel. Anotade a data e vémonos nos bares! 🎶🍻🔀 Lembrade que o Galegote é un proxecto de música en directo que ten a finalidade de dar a coñecer a intérpretes e grupos de música en galego e que está promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Concello de Pontevedra#Galegote #galegoterock #galegoterock24 #concellodepontevedra #pontevedrate #servizonormalizaciónlingüística #festival #galego #boamusica #boambiente #musicaengalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Teatro Colón, A Coruña.
30 / 25 / 18 €