Pablo Guerrero

Setembro 21, 2013

ciclo íntimo & acústico
Pablo Guerrero (Estremadura, cantautor)

“Lobos sin dueñO”, 40º aniversario de A Cántaros Teatro Principal de Santiago acollerá o vindeiro sábado día 21 de setembro o concerto do cantautor extremeño Pablo Guerrero, no que presentará ‘Lobos sin dueño’, unha antoloxía da súa obra que celebra os 40 anos de ‘A cántaros’, o seu primeiro disco. Forma parte do ciclo ‘Íntimo&Acústico’ do Concello de Santiago.

Este 2013 Pablo Guerrero (Esparragosa de Lares, Badajoz 1946) publicou ‘Lobos sin dueño. Antología personal. Cuarenta años de A cántaros’, con 3 CDs e 40 cancións remasterizadas e presididas por “Los sueños son posibles”. Guerrero seleccionou persoalmente 40 das cancións máis emblemáticas e significativas da súa carreira. Entre elas hai tres inéditas gravadas exclusivamente para esta antoloxía (Serenata para Lola, Amazona y Golpe de sombra), e outras tres clásicas, sempre presentes nos seus concertos, que se volveron gravar para a ocasión (A cántaros, Sueños y Sueños sencillos).

40 cancións para 40 anos. En 1972, Pablo Guerrero lanzou ‘A cántaros’, unha canción que se converteu en clásica, en himno interxeracional para soñar tempos mellores: “Tiene que llover a cántaros”. É a canción que, na súa versión orixinal, abre ‘Lobos sin dueño’ e que tamén pecha a antoloxía na nova gravación na que cantaron artistas convidados como Ismael Serrano, Lourdes e Luis Pastor, Cristina Lliso, Álvaro Urquijo, Olga Román, Olga Manzano e Manuel Cuesta.

Corenta anos de ‘A cántaros’ é un excelente motivo para recuperar a obra máis esencial do cantante e compositor extremeño que, durante estas catro décadas, dedicouse á pequena artesanía de facer canciones, a coidar as palabras, a gravar discos como un alquimista musical. Afastado de tópicos, Pablo Guerrero foi debullando unha obra traballada minuciosamente, esa persoal música poética que publicou tranquilamente, con parsimonia, alternándoa coas edicións dos seus libros de poemas durante unha de las carreras máis longas e profundas da música española.

Os 3 CDs de ‘Lobos sin dueño’ reflicten unha traxectoria musical única polo seu rigor e a súa evolución. Desde aquel primeiro ‘A cántaros’ a cancións do disco gravado en directo no Olympia de París en 1975, para continuar co álbum ‘Porque amamos el fuego’ de 1976 (con outro clásico: Dulce muchacha triste); a primeira inmersión en sonoridades flamencas dun cantautor español en ‘A tapar la calle ‘de 1976; a etapa máis experimental que se manifesta en álbumes como ‘Los momentos de agua’ (1985), ‘El hombre que vendió el desierto’’ (1988), ‘Toda la vida es ahora’ (1992), ‘Alas alas’ (1995) e ‘Sueños sencillos’ (2000), da man de Suso Saiz e Miguel Herrero… Ata chegar á súa última obra con discos como ‘Plata’ (2005) e ‘Luz de tierra’ (2009), gravados co seu actual grupo de directo e producidos por Luis Mendo.

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook