Pablo Castaño Trío

Setembro 02, 2014

nota:

Regresa a programación á Casa das Crechas cun concertazo de jazz dentro da Rede Galega de Música ao Vivo. Trátase de Pablo Castaño Trío, unha das promesas do jazz galego que nos traerá pezas imprescindibles no repertorio tradicional jazzístico así como algúns temas orixinais.

Unha proposta de música jazz liderada por un solista que se formou con grandes intérpretes que influíron directamente na evolución desta música: Reggie Workman, Jimmy Owens, Billy Harper, Chris Cheek, Antonio Hart, George Garzone e un longo etc.

Titulado superior en saxofón polo Conservatorio de Santiago e Diplomado en Educación Musical pola Universidade de Santiago. Obtiene el Diploma Profesional en Música Moderna en ESTUDIO, escola de Música no ano 2000.

Después de recibir unha bolsa de estudos e obter o BFA en Jazz Performance sendo “first of the class” na New School University (NYC), Pablo Castaño estivo residiendo como músico freelance en New York onde traballaría de “sideman” en conceertos e gravacións con Tom Abbott, Stan Rubin, José James, Eyal Vilner, Wade Burnes, Bobby Sanabria, Woogie Lee, Art Lillard, Youngmin You e Félix Endico entre outros moits artistas destacados da escena jazzística neoiorquina: Smalls, Minton´s Playhouse, Fat Cat, Iridium, Jazz Garage, Carnegie Club, Swing 46, Jazz Lincoln Center ou a convención de “Jazz Impro Magazine”, eran os escenarios habituais nos que Pablo Castaño desenvolveu a súa carreira profesional como músico de jazz.

Xa de volta en Galicia, además de colaborar regularmente con Xacobe Martínez, Marcos Pin, Iago Fernández, Yago Vázquez ou Marcelino Galán, lidera o seu propio septeto e trío.

Pablo Castaño Trío son:

Pablo Castaño – saxo alto
Marcelino Galán – guitarra
Paco Charlín – contrabaixo

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €