P.P. Arnold e a Steve Cradock Band, gran comezo do Outono Festival 2017. 26-out-17

Outubro 27, 2017

O éxito da fórmula segue animando ao Outono Códax Festival a contar coa presenza dunha “vella gloria” e banda de apoio na súa programación. Nesta edición de 2017, a protagonista foi a vocalista de soul P.P. Arnold, unha estadounidense que tivo o seu momento de gloria no Reino Unido a finais dos 60 con singles coma “Angel of the Morning” ou “The First Cut is the Deepest”, así como un primeiro álbum con Inmediate Records. Desde entón a súa carreira foi máis coma corista requerida en infinidade de álbumes durante décadas (Peter Gabriel, Nick Drake,KLF, Ocean Colour Scene …) e no momento desta visita a Compostela está a promocionar un recente álbum de seu.

Acompañada pola impecábel banda de Steve Cradock (el anda de xira co Paul Weller) e cunha voz en bo estado de forma, ofreceu un repertorio notábel que acompañou de comentarios simpáticos e entrañabeis en plan “abuelo Cebolleta”. E case sempre en castelán, para rematar de gañar o público. Repasou os seus inicios como corista nas Ikettes de Ike and Tina Turner con esa xira que a levou a UK para quedar hai 50 anos (“What”cha Gonna Do” e “River Deep, Mountain High”); a súa admiración por Aretha Franklin (“Natural Woman”) ou Stevie Wonder (“Uptight”); o seu debut e clásico do Northern Soul “Everything”s Gonna Be Alright”, os mencionados singles de éxito e a cara B “Speak to Me”; a súa relación cos Small Faces (“If You Think You”re Groovy”, “Tin Soldier”) e Barry Gibb (“To Love Somebody”). Canda elas, pezas do novo álbum como a que lle dá título “The Turning Tide” e a composición propia “If This Were My World”, unha “Born” agasallo do mencionado Barry Gibb, unha recreación de “You Can”t Always Get What You Want” dos Stones producida por Eric Clapton …

A fórmula volveu funcionar e o nivel segue alto. Gozamos de moita clase desde o palco da Sala Capitol, e talvez apreciamos cun punto por riba a banda con respecto da artista. Que xa é dicir! O final con “Tin Soldier” foi impresionante e o dominio desas claves do soul- rhythm and blues-pop-rock dos 60 é total. Seguimos con gana de ver qué nome clásico nos traerá seguinte edición mentres descubrimos máis artistas nesta.

Abriu a velada a banda Cachas and Cousins co seu repertorio de clásicos do ska e rocksteady que por si mesmos deberían quecer calquera velada: desde os Peeping Toms aos Wailers pasando por The Heptones ou Toots and the Maytals.

Pepe Cunha, 27-outubro-2017

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook