Óscar Quant presenta o seu libro “Bailando sobre el parqué”

Marzo 11, 2019

Até agora coñeciamos a faceta musical de Óscar a través do proxecto do seu apelido artístico “Quant”, mais tamén a través dos Skyhooks, esa banda ferrolá que fai cancións sobre o deporte do baloncesto, outra das paixóns de Óscar.

Hai unhas semanas, a editorial Milenio vén de publicar o primeiro libro de Öscar Quant: “Bailando sobre el parqué. El apasionante partido Baloncesto Vs. Música”, con prólogo de Raül Lopez (Ex-NBA e medallista olímpico) e epílogo de Loquillo.

No libro, Óscar procura “establecer conexións entre as dúas disciplinas, aparentemente tan dispares, ao través de historias, anécdotas e fotos que relacionan este deporte cós distintos xéneros musicais. ”

A presentación do libro terá lugar o vindeiro venres 22 de marzo no Centro Cívico de Canido (Ferrol) ás 20:00h. Haberá charla, proxeccións e mini-concerto de Skyhooks.

Alí estaremos!

Facebook