Os Resentidos celebrarán a semana grande de Vigo, no ano do seu 30º aniversario, subindo de novo ao escenario cos seus inseparables compañeiros de viaxe, Siniestro Total. As dúas míticas bandas viguesas ofrecerán dentro do Festival Son de Vigo un concerto imprescindible para entender a historia do rock galego. A cita é este venres, 3 de agosto, a partir das 23h no Auditorio de Castrelos. As entradas custan 2 euros e poden adquirirse xa nas webs de Servinova e da Central de espectáculos.
Featured