Sen coñecer un só nome do cartel, Optimus Primavera Sound esgotou os primeiros abonos á venda en só 48 horas. Os abonos puxéronse á venda este luns 3 de outubro, tras o anuncio oficial realizado na rolda de prensa no Concello de Porto.
A campaña de entradas a prezo reducido, na que se puxeron á venda 1000 abonos a 65 €, confirma a credibilidade que o selo Primavera Sound ten co seu público.
Con case o 60% dos abonos vendidos fóra de Portugal, a campaña anticipa o gran impacto turístico que o evento terá na rexión. O festival, que se celebrará entre os días 7 e 10 de xuño (ambos inclusive) do vindeiro ano, “veu para quedarse”, entendendo así este fenómeno como claro indicador da importancia do festival a nivel mundial.
A partir do próximo luns 10 de outubro, ás 12:00, unha nova quenda de 3.000 abonos poñerase á venda a un prezo de 75 €, prezo que se manterá até o 31 de decembro deste ano.
(traducido do comunicado oficial)