nota:
Os Minhotos Folk
Paula: acordeón; Bruno: gaitas (re, do, sib), zanfona, requinta, pandeireta, tamboril; Víctor: zanfona, gaitas (do, sib), percusión;
Xaneco: tamboril, pandeiro, pandeireta, tixoletas, ferriño; Alberto: gaita (do, sib), pandeiro, pandeireta, bombo.
OS MINHOTOS é o son acadado e consolidado por un entende-la nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga moitos anos de festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega. Leva moitos anos dedicados ao mundo da música tradicional galega tanto no eido do ensino como no da construción de instrumentos musicais. Conxuga o son e estilo da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete. O seu repertorio é variado, nel alterna a música de autor coa tradicional. OS MINHOTOS é o resultado do gusto de cinco músicos galegos pola música do seu País, Galiza, sen aditivos nin na forma nin no fondo. Cando rematan os recursos que brinda a música tradicional, recorren á música clásica para arranxa-las pezas que compoñen o seu repertorio.