Os John Deeres

Agosto 25, 2022

nota:

Ultimo Solpor do veran na Rebullón con “Os John Deeres”

Este xoves derradeiro concerto dos Solpores na Rebullón 2022. E de que mellor forma de despedirnos que con “Os John Deeres”, hard rock en galego, nada mais que dicir. Este xoves 25 ás 21h cunha billeteira inversa, acudide e apoiade a cultura.

Os John Deeres levan 15 anos facendo hard rock en galego. O grupo estradense, composto na parte instrumental por Xermán Bernárdez, José Carbia, Marcos A. Muíños e Manuel Reices, acaba de completar a formación coa fichaxe de Vane García á voz.

Logo de publicar “8” (2013) e “20-20” (Free Code Jazz, 2017), Os John Deeres editan, en plena pandemia, “Cinzas”, un EP gravado no local de ensaio con distintas colaboracións e con portada do tamén estradense Alberto Cardona. “Cinzas” son catro temas reciclados a partir de ideas antigas que significan unha continuidade entre o pasado e o futuro da banda, un punto e seguido para continuar con novos proxectos.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Sala Rebullón, Mos.
Entrada inversa.