Os da Ría

Outubro 17, 2013

:: xoves 17 :: OS DA RÍA :: 22.30hr :: 5€

Os da Ría Íntimos nace como escisión amistosa do espectáculo Chin chin por Os da Ría, co motivo de conseguir unha formación máis pequena e adaptable a todo tipo de espazos, non só grandes teatros ou grandes eventos senón salas de menores dimensións de todo o territorio galego.Nesta ocasión só soben ao escenario Arturito, Fabián e Susito Pián. A formación compóñena, pois, os dous divos da canción e o encargado dos teclados pero a viaxe polos grandes éxitos de Os da Ría non dista moito do gran evento Chin chin por Os da Ría.Temas clásicos como Infanta Elena ou Cando éramos xovens en os 70 inclúense nunha hora de espectáculo no que Os da Ría miran ao pasado, aos seus comezos, pero tamén á actualidade do país coa súa particular ollada e a súa particular linguaxe.

AXENDA

22:30 h.
Pub Ultramarinos, Santiago de Compostela.
5 €