Os Cempés + Tumba e Dalle

Xullo 03, 2014

Ciclo: Cultura Aberta
Entrada gratuita

Os Cempes, o mitico grupo paratradicional de Ferrolterra, segue a conquistar ó público, despois de mais de vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, Espana, Francia, Noruega ou
Inglaterra.

O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboración de numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc, e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com,mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.

Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
​Xardíns da Deputación, Lugo.
De balde.