os cempés “tentemozo”

Xuño 04, 2012

Había expectación polo regreso dunha das nosas bandas folk máis queridas. Así o demostra a resposta obtida pola súa chamada ao mecenazgo ou financiación colectiva (crowdfunding): case dobran a cantidade marcada coma obxectivo para a gravación que hoxe aquí comentamos. Os seus tres álbumes de estudio – “Opa ííí” (DoFol,’96), “Capitán Re” (Do Fol, ’97) e “Circo Montecuruto”(’00) – e os seus concertos dentro e fóra do país eran unha recreación de pezas populares, sentido do humor e moito baile. O seu disco en directo “Moe e moa” (Discmedi, 03) xa reflectía certo cansanzo ou escuridade na banda e presaxiaba “un cese temporal da convivencia”. Agora Antón Varela (gaitas), Serxio Ces (voz, bombo pandeireta e asubío) e Óscar Fernández (zanfona e voz) incorporan saiva nova á formación con Ramón Dopico (percusións), Pablo Da Lama (saxos e clarinete) e Fernando Barroso (bouzouki).

Mais non se pecha aí a billa dos novos folgos, pois este regreso conta coa colaboración das mozas e mozos da escola livre da MPG da Central Folque, esa que comezara no 2001 como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Así reivindican o labor de iniciativas como a da Escola Livre da MPG e o espíritu do que eles foron, mozos seducidos pola nosa música popular. Na mesma liña, a gravación realizouse nos nvos estudios A Ponte de Compostela con Tomás Ageitos aos mandos. En definitiva, a experiencia e sabiduría duns veteranos sumada á enerxía da xente nova e, xa que logo, as significativas escollas do nome do disco (tentemozo: “puntal, apoio para que algo non caia”) e a da fotografía da capa ( unha foto vella dun rapaz e a simboloxía dos cantos de cego ).

Sen deixar de sonar festeiros e bailables, os novos Cempés seguen a presentar pezas propias ou tradicionais pero aumentando a complexidade dos arranxos e a instrumentación. Aquí pinta moito a riqueza que achegan ducias de músicos, entre eles Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero ou Pablo Doval. Acordeóns diatónicos, zanfonas, gaitas, frautas, cavaquinho, tuba, violíns, percusións … e as voces da ELMPG. No directo volverá a festa e baila pero neste disco hai bastante máis que aprezar nas escoitas. Como cómpre, non si?

Pepe Cunha, 3-xuño-2012

AXENDA

Facebook

17 minutes ago

Ábrete de orellas
⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook