Os Cempés + Sondeseu

Xullo 13, 2013

XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Orden dos grupos:
23:00 h Sondeseu
00:30h Os Cempés

Organiza: Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e Asociación Terra de Outes
Colabora: Concello de Outes e Deputación da Coruña
Entradas: de balde

Os Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formación e novo disco.

O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboración de numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc, e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com, mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.

Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.

23:00 h.
O Freixo, Outes.
De balde.