Os Cempés + invitados

Novembro 29, 2012

Os Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formación e novo disco: Tentemozo.
Na gravación do disco participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos e foi posible grazas ó financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda.
O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións.
Centos de concertos, cinco CD´s publicados (dous de eles ao vivo) , son a bagaxe desta banda que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.

Compoñentes do grupo:
Antón Varela: Gaitas.
Serxio Ces: Voz, Bombo, Pandeireta e asubío.
Oscar Fernández: Zanfona e voz.
Ramón Dopico: Percusións.
Pablo Dalama: Saxos e Clarinete.
Fernando Barroso: Bouzouki.

Colaboran neste concerto:
BEGOÑA LORENZO, CARLOS QUINTÁ, JOSE DIAZ,LUIS PEIXOTO,PABLO DOVAL,BENXAMIN OTERO, MARTIN E MIGUEL SANJURJO, UXIA MUIÑO E AULA DE ZANFONAS DO PADROADO DE CULTURA DE NARON

AXENDA

Facebook