Os Cempés

Maio 16, 2013

Noites na Capela
Rúa Concepción Arenal, s/n, 15402 Ferrol

Os Cempés voltan con “TENTEMOZO”

20 Anos despois do seu primeiro concerto oficial, Os Cempés reinvéntanse (Como en cada un dos seus 5 discos editados), nunha grabación, “TENTEMOZO” na que participan máis de 50 persoas entre músicos, técnicos e creativos e que foi financiado por 740 incondicionais do grupo polo sistema de financiacion en masa.

Música do país, unha selección das máis fermosas coplas, das mellores melodías do cancioneiro popular e composicións novas interpretadas polo grupo e polos convidados especiais a esta gravación: As Mozas e Mozos da Escola Livre da Musica Popular Galega,(ELMPG) e tamén de 10 amigos máis como colaboradores de Luxo: Begoña Lorenzo, Carlos Quintá, José Diaz, Pablo Doval, Benxa Otero, Iván García, Uxía Muiño, Luis Peixoto, Tiago Pereira, Martín e Miguel Sanjurjo….

“TENTEMOZO” é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares nunha sucesión de temas mui íntimos e de outros mui horquestados cun son mui natural conseguido coa maestría e implicación no proxecto de Tomás Ageitos, (Estudio A Ponte).

Música da terra para comenzar unha revolución, para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes, que volverán ser, no futuro, lembranzas.