Os Cempés

Maio 23, 2014

nota:

Os Cempes, o mitico grupo paratradicional de Ferrolterra, segue a conquistar ó público, despois de mais de vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, Espana, Francia, Noruega ou Inglaterra.

Na gravación do último disco, Tentemozo, participan máis de 50 artistas entre músicos, tecnicos e creativos e foi posible grazas ó financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda.

O repertorio e unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodias do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións.

Centos de concertos, seis CD ś publicados (dous de eles ao vivo) , son a bagaxe desta banda que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.

Festa rachada sen límites…. Opai!

Organiza: Concello de Vigo
Colabora: AGADIC (Rede Galega de Teatros e Auditorios 2014)
Entradas: 7€
Venda de entradas: taquilla.servinova.com, 902 504 500 e despacho de billetes. Aforo limitado.

AXENDA