Os amigos dos músicos + Xoana

Agosto 09, 2019

nota:

Os Amigos dos Músicos, Xoana

Os Amigos dos Músicos
Dende Ourense, Os Amigos dos Músicos une os talentos de Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera, e tamén no seu momento os de Xurxo Brea, Rosa Lison, Septi ou Marcos Paradelo, experimentados músicos que xa formaran parte de grupos como Niño y Pistola, Blood Filloas, O Sonoro Maxín, Annie Hall, Haecceidad ou Cinnamon Gun. Un proxecto que une o pop e a música folk americana coa tradición da canción de autor galega, recoñecido co Martín Códax a Mellor Banda de Pop en 2017 ou a candidatura nos Premios MIN a Mellor Álbum en Galego polo seu LP debut, Os Amigos dos Músicos (2016).

Dende a saída do disco, Os Amigos dos Músicos teñen percorrido os palcos de cidades e vilas galegas, así como de fóra do país, con concertos en Madrid, Bilbao, Donosti, Oviedo, Zaragoza, Valencia, en festivais como o Monkey Week de Sevilla, o Noroeste da Coruña ou o Atlantic Fest na Illa de Arousa, así como en ciclos como Os Xoves de Códax en Cambados. Actualmente presentan o seu segundo álbum, Segundo fogar, e continúan reflectindo na súa música a importante herdanza de Suso Vaamonde, Benedicto e Bibiano ou Luis Emilio Batallán, sen perder orixinalidade, frescura nin personalidade

Xoana
» O meu nome é Xoana e cos meus 20 anos estou inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada á lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. Dardos é o disco co que acabo de irromper no mundo da música e utilizo así esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios!

» No meu disco, ‘Dardos’, Todas as cancións teñen unha mensaxe social e expresan queixas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos.

» Por outra banda, Dardos está orientado a achegarlles ós máis novos a música galega e en galego, e que asemade a sintan como algo propio, de xeito semellante ó que eu experimentei.

» Por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos! A música move o mundo e así se marcan os cambios.

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Bar Aturuxo, Bueu.
8 / 10 €