Os Amigos dos Músicos

Febreiro 27, 2020

nota:
27 febreiro · 21:00h
08€ (+gastos) anticipada | 10€ taquilla
Venta de entradas: entradium.com | A Reixa Tenda

Segundo fogar é un xeito de referirse a todos eses espazos e tempos que transitamos e ocupamos, moitas veces provisionalmente, outras coa constancia dos que se senten na casa. Únense de novo, neste segundo traballo de Os Amigos dos Músicos, Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera, experimentados músicos que formaran parte de Niño y Pistola, Blood Filloas, O Sonoro Maxín, Annie Hall, Haecceidad ou Cinnamon Gun. Continuan explorando os puntos de unión entre o pop, o folk e o rock, entre a tradición anglosaxona e a canción de autor galega de Bibiano ou Luis Emilio Batallán.

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
8 / 10 €