Os amigos dos músicos

Abril 12, 2014

nota:

Estes seis músicos de Ourense, compoñentes doutras bandas como Niño y Pistola, O Sonoro Maxín, Annie Hall ou Orquesta Pánico, deron en se xuntar como grupo para acompañar en directo a O Neno Elliott, alter ego de Daniel Alonso (Blood Filloas). Pouco a pouco foise convertindo nun grupo con entidade propia, especialmente despois de participar no concurso Musicando a Carvalho Calero coa canción “A orquestra filarmónica de Osaka”, tendo agora xa tocado nunha chea de festivais e salas, recentemente xunto a Grampoder.

AXENDA

20:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €