Orquestra Os Modernos “Dissimulem!”

Abril 01, 2016

Seguimos a vivir na música feita no país unha especie de aparición de propostas que viñesen cubrir sitios baleiros. A Orquestra Os Modernos leva uns anos propoñendo recuperar os ritmos bailables de sempre, de antes do pop e o rocanrol, máis concretamente daqueles que tiñan lugar baixo as lámpadas do salón de festas. E por fin chegou o álbum de debut, no que ben din eles que ofrecen: “um repertório renovado de bailes como manda a última moda: fox-trot, baião, bolero, habanera, corrido, rumba, mazurca…, sem esquecer-se tampouco desses ritmos máis arcaicos e propios do nosso folclore como a moinheira ou a jota.”

Os Modernos transpórtannos a aquela Galiza moderna de comezos do século pasado, unha terra de viaxantes e emigrantes que van e volven das Américas. Tocados por músicos que nos resultan coñecidos por outros proxectos máis ou menos próximos ao folque ou tradicional, os instrumentos desta orquestra son a gaita e o clarinete (Joám Casas), a trompeta (Martín Nogueira) e o trombón (Alonso Caxade), o contrabaixo (Alberte Rodríguez), a batería (Xosé Tunhas), o acordeón (Paco Nogueiras) e a actriz Iria Pinheiro que exerce ben ese papel intepretativo da vocalista-diva malia non contar cun voz especialmente dotada.
 
Por repertorio, interpretación e estética esta orquestra antóllaseme unha aposta segura para amenizar verbenas e sesións vermú con elegancia e sen prexuízos. Proben se non a conter as cadeiras mentres soan “Manisero” (“Se te queres com o peteiro divertir / vai comendo um cartuchinho de mani”) , “”Uruguai” (“Ao Uruguai, guai, / eu nom vou, vou /que lle tenho medo ao mar”) ou “A lua tem duas caras”,

Pepe Cunha, 5-abril-2016

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook