Orquestra e Coro da International European Filarmonia

Marzo 08, 2016

nota:

GRAN GALA DE ÓPERA, Orquestra e Coro da International European Filarmonia

A Orquestra Sinfónica de Moldavia con sede en Chisinau fundouse hai setenta e cinco anos, o que a converte nunha das máis antigas institucións musicais de Moldavia e lévaa a ser depositaria do legado cultural moldavo, clásico e popular. Actualmente, a orquestra, dirixida por Nicolae Dohotaru, converteuse nun soporte para todo tipo de producións artísticas, sendo esencial para óperas, ballets e para sesión de ‘masterclass’. Ao longo da súa historia, gravou un gran número de pezas para películas, aínda que tamén interpretado pezas modernas. A orquesra está formada por profesores e graduados das academias musicais e conservatorios de Moldavia, Ucrania e Rusia.

A Ópera Nacional de Moldavia está en Chisinau, a capital de Moldavia. Tras o colapso da URSS converteuse nunha das poucas compañías que ten a súa propia orquestra, coros, solistas e ballet. Entre o seu repertorio destacan Eugene Onegin, Madama Butterfly, Aida, Nabucco, Norma, Turandot. Está especializada en ópera clásica italiana de Donizetti, Verdi ou Puccini, sen esquecer autores rusos como Rymsky-Korsakov, Tchaikovsky, Borodin, Musorgky ou Rahmaninov.

AXENDA