12 e 9 euros adultos
5 e 3 euros nenos
A Orquestra de Cámara Galega inicia o seu ciclo de concertos no Colón con Unha Noite Italiana, na que interpretarán As Catro Estacións de Vivaldi, unha das obras máis populares da música clásica. Farano acompañados por Elena Urioste, violinista americana que realizará esta noite o seu debut en España. Foi solista coas máis prestixiosas orquestras do seu país como New York Philharmonic, Chicago Symphony, Cleveland ou Filadelfia. Gañadora do Sion Intenational Violin Competition,
aclamada pola crítica e o público polo seu rico son, o seu fermoso liricismo e a súa gran presenza escénica. Actualmente é New Generation Artist da BBC inglesa.