Oquestrada

Outubro 20, 2017

nota:

Un son único e cosmopolita inspirado nas raíces da música popular portuguesa, o 20 de Outubro no Teatro Jofre Ferrol.

O destino fixo que Marta e Pablo se encontraran á volta do camiño. Ela lisboeta, actriz durante anos, percorreu co seu canto os escenarios dunha Lisboa escondida e noctámbula: cafés, restaurantes e tascas caboverdianas onde acontecían as longas noites fadistas. Pablo medrou nos suburbios de París achegado á comunidade portuguesa, que o vía partir cada verán. Un día decidiu acudir ao encontro do seu Portugal imaxinario e así naceu unha aventura humana e artística que ten por esencia a memoria colectiva dun país en transición.

Entradas xa á venda:

AXENDA