Onte luns 28 de maio, na Casa das Crechas de Compostela, presentouse para medios de comunicación e amigos o novo traballo discográfico d’Os Cempés, que regresan para celebrar os 20 anos desde o seu primeiro concerto.
A banda, acompañada por mozas e mozos da escola livre de Música Popular Galega, colaboradores no disco, interpretou algúns deses temas novos en formato acústico.
“Tentemozo” é un proxecto feito realidade grazas aos seguidores e amigos da banda e as achegas económicas a través de Crowdfunding. Ademais dos mozas e mozos da escola livre de Música Popular Galega, o disco conta con outros músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero, Pablo Doval…
Os xa coñecidos Antón Varela, Serxio Ces e Óscar Fernández completan á formación actual coas percusións de Ramón Dopico, os saxos e clarinete de Pablo Da Lama e o bouzouki de Fernando Barroso.