nota:
O´Leo de Matamá, máis coñecido como Leo Arremecághona, é un artista polifacético, cantautor, filólogo e poeta galego nado en Matamá (Vigo) no ano 1974.
A súa traxectoria musical comeza no ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando acompaña a Albert Plá na súa xira galega no 1998.
Despois de moitos anos arredor da escea underground galega vén presentarnos a súa xira fogardente co seu album Sé (mente de vencer!). Un álbum no que repasa cancións protesta, tanto propias como alleas, sempre acompañado do seu inconfundíbel compromiso social e cultural.