Octuvre “Amor letal”

Abril 13, 2023

Octuvre é o proxecto unipersoal do asturiano Juan Casamayor que, tras os EPs “Distancias” (2017) e “Viento” (2019), entrega un novo mini-álbum para se estrear con Ferror Records. O primeiro que nos conta neste novo traballo é “No mires a los ojos de la gente, siempre miente, siempre miente”, unha homenaxe clara a un dos grandes nomes dos 80: Golpes Bajos. E nesa década nos mantén durante os 25 minutos que dura este traballo, nunha proposta musical unida a aqueles tempos: o pop de sintetizadores.

Máis concretamente, e para amantes das etiquetas, estamos ante puro coldwave ou synth pop de baixa temperatura. Os seis cortes están tan marcados estilisticamente que probablemente deixen frío a quen non gosten do estilo, lindeiro cos sons industriais ou o dream-pop. Arrédase un chisco dese aquel máis sombrío que o acompañaba, aínda que as súas atmosferas etéreas se vaian abrindo a matices algo máis luminosos.

“Arma letal” é unha experiencia de sintetizadores, unha voz peculiar que en certo modo lembra a Germán Coppini e letras de amor intimista. O protagonista confirma a homoxeneidade, o concepto deste traballo: “llegó casi de repente, una noche en el estudio, comencé a escribir una canción y luego salieron cuatro más, las grabé y las fui desarrollando durante unas semanas. De esa grabación, que fue el germen del ep, se quedaron dos acordes de una canción y dos frases de otra, el resto no tiene que nada que ver, pero conceptualmente ese día nació el espíritu de este EP y de lo que iba a tratar”. 

Pepe Cunha, 13-abril-2023

https://ferror.bandcamp.com/album/amor-letal

repertorio
No mires a la gente
Frío
Guerrera azul
Mi invierno
Observándote
La añada