O TAC, Pepe Solla e a D.O. Monterrei van: “A TODO GAS”

Febreiro 17, 2014

Unha das propostas máis orixinais do Fórum Cidade é Parellas Desconcertantes. O sábado 22 ás 12 horas nos Xardíns de Méndez Núñez, o Taller Atlántico Contemporáneo TAC interpretará xunto a nove motoristas a obra Harley Davidson do compositor alemán Dieter Schenedel. A música combinará cunha degustación do chef Pepe Solla e viños da D.O. Monterrei.

SÁBADO_22 de febrero – 12.00 h
Kiosco Alfonso- Xardíns de Méndez Núñez
A Coruña (Forum Gastronómico)

O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) estrea HD, obra musical de Dieter Schnebel para Trompeta, Sintetizador e 9 Harley Davidson.

Co motivo da presentación por parte de D.O Monterrei das “PARELLAS desconcertantes”

O Taller Atlántico Contemporáneo presenta nos Xardíns de Méndez Núñez de A Coruña a estrea en España de HD, obra musical de Dieter Schnebel para Trompeta, Sintetizador e 9 Harley Davidson.(CoruñaChapter)

Intérpretes:
Diego García Rodriguez. Director.
Nicasio Gradaille. Piano sintetizador.
Ramón Llatser. Trompeta.
Nove moteros coas súas motos do CoruñaChapter.

Dieter Schnebel (1930), compositor, musicólogo e teólogo alemán, explora nesta peza as sonoridades tan características das motos da marca Harley Davidson, tratando de integralos coa música feita por unha trompeta e un sintetizador. O elemento espacial ten grande importancia na obra. Para esta ocasión a D.O. Monterrei, Pepe Solla e o TAC escolleron os céntricos Xardíns de Méndez Núñez pola sá beleza e situación, por ter un elemento musical tan tradicional como é o palco da música e pola súa cercanía ao Kiosco Alfonso, donde logo de ter rematado Pepe Solla presentará as súas PARELLAS desconcertantes. Cociña e os afamados viños da D.O. Monterrei

Despois da Coruña, o Taller Atlántico Contemporáneo TAC presentarase no ciclo FRONTERAS do Auditoruio Nacional (Madrid), Na semana de Música Relixiosa de Cuenca eo no prestixiosísimo festival de Granada cunha estrea absoluta.

Máis info en:
http://www.tac.gl
http://www.corunachapter.com
http://www.domonterrei.com
http://www.nove.biz/site/index.php?id_empresa=8&idioma=es
http://www.forumcoruna.com/home

Facebook