o sonoro maxín “a onda sonora (chega do interior)”

Maio 22, 2012

Para comezarmos falar de O Sonoro Maxín, cómpre viaxar aos tempos dun disco moi importante na música popular galega: “Lume (para que saia o sol)” de Lamatumbá. Tras a xira longa e exitosa daquel disco, o numeroso combo ourensán sufriu unha escisión que deu, por unha parte, a continuidade da maioría da banda e, por outro lado, a nova formación que agora nos ocupa. O vocalista Ico, a acordeonista Cristina, o guitarra Abraham “el niño” e o frautista Samuel embarcáronse neste proxecto que, tras uns anos de concertos e construción do novo repertorio, presenta por fin o primeiro disco.

Ademais dos lóxicos nexos musicais con aquel -esa mestizaxe de cumbia, rock, ranchera, bolero, vallenato, ska ou reggae-, repiten para o disco cos grandes Kaki Arkarazo e David Rubín, na produción e o deseño, respectivamente. “A onda sonora (chega do interior)” agradará ao público máis verbeneiro e bailarín no directo, con letras que cantan o desacougo (“Temos un deserto no peito / que ás veces muda en xardín/ Temos unha guerra na mente / que nunca chega ao seu fin”) e animan á loita cotiá (“Levántate e anda que non acaba o conto / levántate e anda que hai moito que falar”) . Entre letras reivindicativas e un chisco poéticas, no musical brillan o acordeón de Cristina -non tan afortunada cantando na reivindicativa “Soy mujer”- e os magníficos ventos, o estupendo reggae “A rúa do perigo”, “A catacumbia”, a versión da popular “Aires do Cuco” e a adaptación ao galego de “Maite zaitut”.

Sen dúbida, un disco feito para o directo, que non amosa nin anovacións nin sorpresas pero si un bo acabado. Talvez como se o tempo se parase no momento referido ao principio. Procurade unha escoita ou descarga na web e, se gustades, non dubidedes en mercalo, que tanto o son como a presentación son dun acabado notable.

Pepe Cunha, 21-maio-2012

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook