O sonoro maxín

Maio 10, 2014

nota:

Ico: voces; Abraham “el Niño”: guitarras; Cristina Asenjo: acordeón; Xurxo Brea: baixo;Jaime Mateo: batería; Miguel Xanceda: son en directo.

Chega a Onda Sonora dun océano interior. Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan as cadeiras apenas comezar, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. A Onda Sonora transmítese a tódolos ouvidos no mesmo momento, nun pestanexo, nas novas formas de conta-lo tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso… Vai cara a todos coa mesma intención: ser escoitada

AXENDA

23:59 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.