O Sonoro Maxín

Abril 14, 2013

nota:

O Sonoro Maxín leva os seus ritmos bailables a Cangas e á Ulla esta fin de semana

A banda ourensana ‘O Sonoro Maxín’ encherá a fin de semana de cumbias e outros ritmos do máis bailable. Comezará o sábado na Sala Son, de Cangas do Morrazo (Pontevedra), para o domingo facer parte da XXXIII edición da Festa do Viño da Ulla (San Miguel de Sarandón, Vedra, A
Coruña). Ambos os dous concertos teñen entrada de balde.

Recén chegados da súa xira por Kiel e Hamburgo, Os integrantes do Sonoro Maxín veñen cargados de enerxía para a festa de aniversario de GZ Música, que se celebrará este sábado na Sala Son, en Cangas. Será ás 21 horas cando comezará un derroche de son, cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados. Así é tal e como eles definen o seu último disco ‘A onda sonora (chega do interior)’.

Por outra banda, o domingo, ‘O Sonoro’ participará, ás 19 horas, cun concerto na XXXIII Exaltación do Viño da Ulla, completando así unha fin de semana chea de cumbias e outros ritmos que non deixarán indiferente o público cangués e ullán durante a fin de semana.

Co Sonoro Maxín chega a Cangas e a Vedra a Onda Sonora e “faino desde o interior, dun océano interno”, afirma o grupo. Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, “asuntos moi serios”, explican.

Con centos e centos de actuacións pola Península Ibérica, a banda ourensana cruza fronteiras por primeira vez cara o norte de Europa para que as súas ondas sonoras enchan de calor, cor e cumbias as dúas localidades galegas.

Fusión e ritmo

O Sonoro Maxín nace no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi ou The Pigmalions. Logo de compartiren escenario con Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka, no 2011 deciden deixar de tocar ao vivo para centrarse exclusivamente na preparación e gravación do seu 1º disco A onda sonora (chega do interior) nos Garate Studios, con Kaki Azkarazo, que agora presentan ao mundo.

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
Que seica din no PP que a televisión pública pagada por todos non está para informar ao gusto e conveniencia de quen goberna🤔Por iso volvemos preguntarlle a Alfonso Rueda: Para cando unha CRTVG libre de control político?#VenresNegro306CRTVG#DefendeAGalega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
19:00 h.
XXXIII edición da Festa do Viño da Ulla , San Miguel de Sarandón, Vedra.
De balde.